sábado, 16 de octubre de 2010

ENTRE MUSAS

As musas inspiraron nos nosos clásicos obras marabillosas e inmortais; eles inspiraron en nós unha paixón pola literatura que queremos compartir con todo o que se asome ó noso blog.
Este é o noso obxectivo, amplo e sinxelo: disfrutar da lectura e contaxiárvolo.

2 comentarios:

  1. Vale, aceptando a invitación convertímonos en administradoras, chicas!

    ResponderEliminar
  2. Ola a todas!

    Decidín poñer aquí, na primeira entrada do blog, a miña conclusión sobre o libro. Despois de 3 meses (?) acabeino e, sinceramente, cando me quedaban sobre 100 páxinas non quería acabalo, e é que o bonito do libro está todo cara o final. Aviso, quen non acabou o libro que non siga, porque seguramente fale de cousas que non queredes saber.

    Primeiro dicir que Víctor Hugo é demasiado descriptivo, que enreda moito e onde non debería (falando do convento, do cura do principio ou do argot... ¡dios mío!), algo que provocou que se me fixera pesado e longo. Aínda así, estou segura de que se non o estivera lendo en época escolar, gustaríame en tódolos aspectos.
    Esto non quita que o home sexa un artista, encántanme as súas comparacións sobre a vida cotidiana e a súa maneira de expresar sentimentos e ideais. Ademais, a historia é totalmente impresionante. O máis bonito é chegar ó final do libro, sobre todo na barricada e despois de esta, e ver como o autor consigue relacionar absolutamente tódolos acontecementos e a tódolos personaxes. Non deixa nin un cabo solto.
    Houbo un momento no que pensei "Estivo moitísimo tempo falando do avó Guillenormand e dos amigos republicanos de Marius (Courfeyrac, Enjolras, Combeferre...) e agora non di nada deles, olvidouse." Pero non, no momento da barricada todos reaparecen. Incluído o señor Mabeuf!

    Algo que se me fixo aburrido foi o romance de Marius e Cosette. Eu xa non son moito de libros de amor... Pero é que había mil asuntos dos que falar mentres os dous señoritos se miraban no parque ou estaban acariciándose as mans no xardín, ¡¡mimá!!
    Xa que falo de estes dous: non vos parece que cando Marius e Cosette están casados se nota demasiado machismo? Sei que é o século XIX, que é normal... Pero se tan enamorado está de ela, porque lle prohibe e ordena cousas? Houbo algunha parte na que cheguei a enfadarme. Xa non me gustaba moito o personaxe de Marius e aínda se porta así con ela cando están casados...

    Cambiando de tema, Gavroche e Éponine son os meus personaxes favoritos.
    O pícaro era o que facía falta no libro, para dar tamén algo de alegría (amarga, pero alegría).
    E Éponine... Pois non o sei. Fantine e ela déronme tanta lástima... Foron de eses personaxes ós que se lle colle cariño.

    E nada máis, solo que o final do libro é horrible, chorei coma unha magdalena.
    Ademais, desde que Jean Valjean adopta a Cosette sempre o identifiquei coa típica "papitis" que sufrímolas nenas polos papás, e a debilidade que teñen eles por nós. O medo que teñen de perdernos e de que nos fagamos maiores... Supoño que o que me pasou foi que asociei a Jean Valjean co meu propio pai e por eso se me fixo tan, tan triste o final da obra. Cando chora agarrado ós vestidos de cando Cosette era pequena, cando vai a vela e lle prohibe que lle chame papá... Horrible...

    A verdade é que é unha novela da que sacar moitas, moitas cousas.

    Aí queda! Ánimo, chicas; agora a por Madame Bovary!

    ResponderEliminar